ILLAS CIES
As illas presentan un perfil asimétrico con dúas vertentes ben diferenciadas. A vertente occidental é a costa máis abrupta das illas onde a acción erosiva do mar dá lugar a altos cantís e covas. A ladeira oriental presenta un perfil moito máis suave protexido da acción erosiva do vento e do mar aberto, permitindo a formación de praias e sistemas de dunas.
Flora terrestre
A maior parte da vexetación da illa é de matogueira, forestal e de cantil. A vexetación forestal sufriu alteracións por parte da man do home coa introdución de especies exóticas como o piñeiro, eucalipto e a acacia que ocupan a cuarta parte da superficie do parque. Nas zonas autóctonas abunda o carballo meloso ou rebolo e as matogueiras de endrino.
Na zona de matogueira abunda o toxo e destacan outras especies de tipo mediterráneo como o garzo negro, o torvisco e a rétama tola, así como o espárrago trigueiro. As praias e dunas manteñen as súas comunidades vexetais en bo estado. As especies que as habitan teñen que soportar condicións moi rigorosas como: alta sequidade, substrato solto, fortes ventos e elevadas concentracións de sales. Pódense atopar especies como a grama mariña, o barrón, o alhelí de mar, a azucena de mar ou a artemisa de praia.
Nos cantís a vexetación pode variar segundo o grao de exposición ás colonias de aves. Outras vexetacións na illa teñen gran interese como a flora vascular, a de marismas ou outros grupos vexetais como os fungos e brións. No caso dos líquenes hanse inventariado un total de 167 especies ou subespecies diferentes.
Fauna
As Cíes dan acubillo a un gran número de aves mariñas o que fixo que sexan declaradas como Zona de Especial Protección para Aves (ZEPA). A gaivota patiamarela a especie máis abundante do Parque que supón o 10% da súa poboación mundial convertendo ás illas como a colonia maior do mundo desta especie. Esta especie nidifica na zona de acceso protexido da illa.
O cormoran moñudo é outra das especies de aves mariñas que máis abunda na illa. Esta especie desenvólvese con maior mestría no medio mariño que a gaivota. Nas Cíes crían unhas 1.500 parellas anualmente o que supón unha das maiores concentracións de Europa. Tamén se poden observar outras especies de corvos mariños: o corvo mariño grande, que non nidifica nas Cíes.
Nos cantís pódese observar o falcón peregrino, o vencejo real, os corvos.... E no interior da illa a lista crece: o petirrojo, o chochín, merlo, curruca, pinzón, pardillo, pomba torcaz, tórtola, ....
Os mamíferos máis abundantes son o coello, o ourizo común, a nutria, a musaraña, ... Os anfibios son moi escasos debido a que non existen regueiros de auga doce de forma continua.
Os réptiles son moi abundantes: o eslizón ibérico, a lagartiña ibérica (máis grandes que as continentais), o lagarto ocelado, o lución e un par de especies de culebras non venenosas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario